Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2012/138).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: avenida del Paralelo, nº 51, 08004 Barcelona.

Denominación: substitución de celas de media tensión 20 kV en subestación O Tesouro.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Substitución do actual parque de celas de 20 kV en edificio existente polas seguintes 16 celas de dobre embarrado compactas novas: 3 de protección de transformador, 10 de liña (ampliables en 7 posicións), 2 de servizos auxiliares e 1 de acoplamento transversal y medida de tensión en barras, que se aloxará en edificio prefabricado de nova implantación, que se vai instalar na subestación de Tesouro, sita na parroquia de Saa, no concello das Pontes de García Rodríguez (coordenadas UTM X:589.744, Y:4.811.907).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña