Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2012/115).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: avenida del Paralelo, nº 51, 08004 Barcelona.

Denominación: reforma CT Residencia de Empregados Endesa.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Reforma do centro de transformación e seccionamento existente na Residencia de Empregados (expediente 29065) mediante a instalación dunha cela de liña de chegada da LMT existente Madalena nº 1, e unha cela de protección de transformador, substituíndo o transformador existente por un de potencia 400 kVA con relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, así como substitución do cadro de baixa tensión e servicios auxiliares, sito no poboado de Madalena, no concello das Pontes (coordenadas UTM, X: 593.343, 4.812.020).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña