Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Frades

ANUNCIO de información pública sobre almacenamento e valoración de aceite vexetal en Vilarxoán (Vitre).

Neste concello tramítase expediente por instancia de SB Galicia, S.C. para solicitar licenza para almacenamento e valoración de aceite vexetal no lugar de Vilarxoán (Vitre), neste concello.

Dado que esta actividade está sometida ao disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e de acordo co seu artigo 8.3, sométese a información pública mediante anuncio no BOP, no DOG e no taboleiro de anuncios do concello polo prazo de vinte días, co fin de que quen se sinta afectado poida alegar o que xulgue pertinente.

O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde a publicación do último anuncio.

Frades, 9 de outubro de 2013

Roberto Rey Martínez
Alcalde