Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de segunda exposición pública do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Mondoñedo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2013, consonte o disposto no artigo 85.8 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordou a realización dun novo trámite de información pública do Plan xeral de ordenación municipal de Mondoñedo, por dous meses, de forma previa á formulación do documento preciso para a aprobación provisional do referido plan xeral.

O prazo de exposición de dous meses comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación en que apareza este anuncio (Diario Oficial de Galicia ou xornais El Progreso e La Voz de Galicia).

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Mondoñedo, 27 de setembro de 2013

M. Orlando González Cruz
Alcalde