Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43159

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Frades

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de vehículos en Ponte Carreira.

Neste concello tramítase expediente por instancia de Agustín Crego Castro para solicitar a apertura dun taller de reparación de vehículos na rúa Santiago, nº 56, de Ponte Carreira, neste concello.

Dado que esta actividade está sometida ao disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e de acordo co seu artigo 8.3, sométese a información pública mediante anuncio no BOP, no DOG e no taboleiro de anuncios do concello polo prazo de vinte días, co fin de que quen se sinta afectado poida alegar o que xulgue pertinente.

O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde a publicación do último anuncio.

Frades, 16 de setembro de 2013

Roberto Rey Martínez
Alcalde