Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013 pola que se declara deserta a poxa pública de locais de garaxe propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo por falta de licitadores (expediente IGVS03-13).

Con data do 19 de xullo de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) polo que se ofertaban en réxime de venda ou alugamento locais de garaxe propiedade deste organismo mediante poxa pública.

O prazo para presentar as ofertas rematou o 19 de setembro de 2013 e os encargados dos rexistros dos servizos centrais e das áreas provinciais de Pontevedra e Ourense emitiron certificados en que fan constar que non se presentou ningunha proposición.

Por esta resolución a directora xeral do IGVS, en virtude das competencias conferidas pola Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de competencias en materia de contratación do presidente do dito organismo, e de acordo coa Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS e o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que o desenvolve, resolvo declarar deserta a poxa dos locais de garaxe propiedade do IGVS nas provincias de Ourense e Pontevedra por falta de licitadores, ao non presentarse ningunha oferta.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

O que se fai público para os efectos do sinalado no artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo