Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (146/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral número 146/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Fernández Díaz contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Protección y Seguridad Técnica, S.A., Fogasa, Concello da Coruña, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Julio Fernández Díaz fronte á empresa Esabe Vigilancia, S.A., con condena a tal demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de 5.215,29 euros polos salarios debidos entre o 1 de setembro de 2012 e o 5 de xaneiro de 2013.

2º. Todo isto coa obriga do Fogasa de pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 , inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

3º. Desestímanse as accións exercidas fronte ao concello da Coruña e Prosetecnisa.

4º. Desestímase a acción de extinción da relación laboral exercida fronte a Esabe Vigilancia.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846), a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 146 13, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado co número 1533 0000 60 146 13, a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

O secretario xudicial