Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42787

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (822/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 822/2012, por instancia de Laura Martínez Marcote contra Zozo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato, en que recaeu sentenza con data do 1 de outubro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímanse as demandas interpostas por Laura Martínez Marcote contra Zozo, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da demandante con data de efectos do 14 de setembro de 2012.

– Declárese extinguido, con data desta resolución, o contrato que une a demandante con Zozo, S.L.

– Condénase a Zozo, S.L. a aboar á demandante as seguintes cantidades:

• 11.132,10 euros en concepto de indemnización.

• 12.822,84 euros en concepto de salarios de tramitación.

• 4.582,13 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento, que devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Zozo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de outubro de 2013

A secretaria xudicial