Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se publica a data a partir da cal comezarán a subministrarse electronicamente os cartóns de bingo.

A Orde do 28 de maio de 2013 pola que se regulan os cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia, a súa subministración electrónica e a presentación e o pagamento electrónico dos tributos sobre o xogo do bingo establece no seu artigo 2 que «o xogo do bingo na Comunidade Autónoma de Galicia só poderá practicarse cos cartóns autorizados pola dirección xeral competente en materia de xogo», entendéndose por cartóns autorizados aqueles que se axusten ás características establecidas no título III desta orde.

Así mesmo, a dita orde estableceu a obrigatoriedade da solicitude electrónica dos cartóns do xogo do bingo e a obrigatoriedade da subministración electrónica destes por parte da Axencia Tributaria de Galicia.

Non obstante, conforme o réxime transitorio previsto na propia orde na súa disposición transitoria única, a data a partir da cal comezará a subministración electrónica dos cartóns e a data a partir da cal poderán ser postos á venda os ditos cartóns nas salas de bingo deberían ser publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Mediante Resolución do director xeral da Axencia Tributaria de Galicia do 18 de outubro de 2013 fixouse como data a partir da cal se comezarán a subministrar electronicamente os cartóns do xogo do bingo o 4 de novembro de 2013, polo que procede que esa sexa a data a partir da cal poderán ser postos á venda nas distintas salas de bingo de Galicia os cartóns regulados pola referida orde.

Polo exposto, e de conformidade co disposto no ordinal terceiro da disposición transitoria única da Orde do 28 de maio de 2013,

RESOLVO:

Fixar o 4 de novembro de 2013 como data a partir da cal poderán ser postos á venda nas salas de bingo de Galicia os cartóns regulados na Orde do 28 de maio de 2013 pola que se regulan os cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia, a súa subministración electrónica e a presentación e o pagamento electrónico dos tributos sobre o xogo do bingo.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior