Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SESE 02/EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18968

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79710000-4. Servizos de seguridade e 797114000-2. Servizos de vixilancia.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 4 de abril de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 15.446.280,99 € (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 7.355.371,90 €. Importe total: 8.900.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de agosto de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 30 de setembro de 2013.

c) Contratista: Vigilancia Integrada, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 7.099.000,00 €. Importe total: 8.589.790,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza