Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42800

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1108/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1108/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Petr Chromecka contra a empresa Rosas y Grelos, S.L., e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 542/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1108/2011.

Demandante: Petr Chromecka.

Letrado: Sr. Marcote Rocha.

Demandado: Rosas y Grelos, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 542/2013.

A Coruña, 30 de setembro de 2013.

Resolución:

– Estimo a demanda formulada por Petr Chromecka contra a empresa Rosas y Grelos, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a suma de 780,59 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro do 10 % por demora. O Fogasa deberase ater á presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino. O xuíz de reforzo dos xulgados do social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Rosas y Grelos, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial