Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42802

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (declaración de insolvencia 225/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 225/2013, por instancia de Caterina Pombo Silva, contra a executada Beiro Vilas Manuel, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 11 de outubro de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 681,93 euros de principal, máis 78,65 de xuros de mora, máis 76,05 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

A secretaria xudicial