Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42521

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2013 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por grupo de actuacións recollidos na Resolución do 9 de abril de 2013 pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para o presente exercicio a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante a Resolución do 9 de abril de 2013, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 16 de abril, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas para o ano 2013 a proxectos de enerxías renovables, que contan con financiamento comunitario derivado do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A dotación total da convocatoria (2.100.000,00 euros) correspóndese nun 52 % con fondos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), e no restante 48 % con Fondos de Compensación Interterritorial que cofinancian para o exercicio 2013 e libres para o mesmo exercicio. Esta contía global, segundo se recolle no artigo 3 das bases reguladoras, distribúese en grupos de actuacións desagregradas por tipoloxías de proxectos, encadradas no eixe 4, temas prioritarios 40 (Enerxías renovables: solar) e 41 (Enerxías renovables: biomasa).

Debido ao procedemento administrativo de solicitude e concesión das axudas establecido nas bases reguladoras, cando unha solicitude correcta e con reserva efectuada non pode acceder á axuda por falta de fondos na aplicación orzamentaria correspondente, pasa a formar parte das listaxes de espera en función da tipoloxía de proxecto de que se trate (artigo 11). O volume de solicitudes en tal situación determinará o crédito asignado en espera.

Como xa se indicou na anterior Resolución do 4 de xullo de 2013 desta dirección (DOG núm. 131, do 11 de xullo) pola que se fixo unha primeira redistribución dos créditos orzamentarios, nalgunhas tipoloxías de proxectos de enerxías renovables o número de solicitantes é inferior ao agardado mentres que, noutras tecnoloxías o volume de axuda solicitada superou amplamente a dispoñibilidade orzamentaria.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria. En calquera caso, cómpre subliñar que non se trata de modificar tal contía máxima fixada na convocatoria, ao non darse ningún dos supostos previstos no artigo 30.2 do referido Decreto 11/2009.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso das enerxías renovables ata o esgotamento dos fondos destinados á presente convocatoria, no uso das competencias que me confire o artigo 12.1 das bases reguladoras,

DISPOÑO:

Primeiro. Redistribuír os créditos orzamentarios recollidos en función do volume de solicitudes e do estado das listaxes de espera nas distintas tipoloxías de proxectos subvencionables, nos importes seguintes:

Tipoloxía/beneficiario

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial (*)

(€)

Crédito final
(€)

Enerxía solar térmica-Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.7

185.000,00

159.435,70

Enerxía solar térmica-Empresas privadas

08.A2.733A.771.7

115.000,00

94.850,63

Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas-Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.5

38.000,00

25.918,61

Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas-Empresas privadas

08.A2.733A.771.5

20.000,00

7.560,00

Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas-Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.8

162.000,00

162.000,00

Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas-Empresas privadas

08.A2.733A.771.8

180.000,00

330.446,18

Caldeiras de biomasa-Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.1

800.000,00

738.710,84

Caldeiras de biomasa-Empresas privadas

08.A2.733A.771.6

600.000,00

581.078,04

Total

2.100.000,00

2.100.000,00

(*) Tendo en conta a redistribución de créditos orzamentarios efectuada pola Resolución do 4 de xullo de 2013.

Segundo. De acordo coa presente redistribución de créditos, as contías totais correspondentes a cada grupo de actuacións, desagregadas por tipoloxía de proxecto, tal e como figuran no artigo 3 das bases reguladoras son as seguintes:

Grupo I: Enerxía solar térmica (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

Familias e institucións sen ánimo de lucro

159.435,70

08.A2.733A.781.7

Empresas privadas

94.850,63

08.A2.733A.771.7

Total

254.286,33

Grupo II: Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

Familias e institucións sen ánimo de lucro

25.918,61

08.A2.733A.781.5

Empresas privadas

7.560,00

08.A2.733A.771.5

Total

33.478,61

Grupo III: Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

Familias e institucións sen ánimo de lucro

162.000,00

08.A2.733A.781.8

Empresas privadas

330.446,18

08.A2.733A.771.8

Total

492.446,18

Grupo IV: Caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

TOTAL Familias e institucións sen ánimo de lucro

738.710,84

08.A2.733A.781.1

Familias e institucións sen ánimo de lucro: caldeiras con alimentación automática desde almacenamento >= 250 litros (ver anexo técnico)

491.581,12

Familias e institucións sen ánimo de lucro: resto de caldeiras non incluídas na tipoloxía anterior

247.129,72

Empresas privadas

581.078,04

08.A2.733A.771.1

Total

1.319.788,88

Terceiro. A eficacia da presente resolución producirase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia