Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42642

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte de vacún de carne e fosa de zurro en Tucende (Quintá de Cancelada).

Carlos Álvarez Neira, en representación de Gandería CM, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de ampliación de corte de vacún de carne e fosa de zurro en Tucende-Quintá de Cancelada (Becerreá). En cumprimento do disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Becerreá, 10 de outubro de 2013

Manuel Martínez Núñez
Alcalde