Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de setembro de 2013, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto do Barqueiro, por parte de Luis Miguel Gómez Rodríguez, con destino á construción e explotación dun bar restaurante.

Luis Miguel Gómez Rodríguez presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto do Barqueiro, con destino á construción e explotación dun bar restaurante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de setembro de 2013

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte