Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de información pública sobre legalización e ampliación de cebadeiro en Torroña (Burgueira).

Mª Carmen Miniño Granja, en representación de Grovarexoia, S.L., solicitou licenza municipal de actividade para a legalización e ampliación de cebadeiro de xatos no lugar Torroña, na parroquia de Burgueira neste termo municipal. As edificacións teñen unha superficie total construída de 1.075 m2 (nave: 240 m2; corte de ceba de xatos: 560 m2 e esterqueira con cuberta: 275 m2). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, con fin de que durante este prazo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello de Oia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 13.00 horas, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Oia, 25 de setembro de 2013

Alejandro Rodríguez Rodríguez
Alcalde presidente