Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de procedemento de expropiación forzosa por taxación conxunta dos bens e dereitos que se van expropiar como consecuencia da execución do proxecto de urbanización da vía da rede arterial, novo acceso sur N-550, desdobramento da avenida de Vigo, en desenvolvemento do PXOU e do Convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a racionalización e mellora da rede de estradas do Estado no municipio de Pontevedra do 24.4.2009 e addenda modificativa asinada o 23.11.2012: aprobación definitiva.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 23.10.2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Desestimar as alegacións formuladas por Ricardo Garrido Ínsua, en representación de Cándido Garrido Dios, por Araceli Dios Torres, por María del Pilar García Alonso e por Mercedes Areses Trapote, esta última actuando no seu propio nome e en prol das comunidades hereditarias de Rafael e Rosario Areses Pérez, no período de información pública do presente expediente de expropiación forzosa, mediante o procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos terreos afectos á vía proxectada, denominada rede arterial, novo acceso sur N-550, para o desdobramento da avenida de Vigo, con base no informe emitido polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Santiago López Fontán, o 17.10.2013, conformado pola arquitecta municipal adscrita á Oficina Técnica de Arquitectura en informe do 18.10.2013, que se incorporan ao texto do presente acordo e que serven de motivación consonte o disposto no artigo 89.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e polas demais motivacións expresadas no fundamento xurídico XI e no resto do expositivo deste acordo. Estimar parcialmente, con base nos mesmos informes e motivacións, as formuladas por José Luis, Gonzalo, Eloy e Rafael García Alonso, ampliando a expropiación do resto do predio nº 15 contra o río Gafos, sen prexuízo de adaptar a superficie afecta da parcela segundo a xustificación dos informes referidos, consonte a realidade parcelaria que se desprende da investigación realizada e constancia de expediente expropiatorio anterior para a estación de autobuses, e estimar tamén parcialmente a formulada por Alfonso Guillán Casas, con incorporación do pozo existente aceptando a valoración achegada, sen prexuízo da desestimación dos restantes pedimentos da alegación e do axuste da afección que se vai expropiar ao abeiro do indicado nos devanditos informes técnicos.

Segundo. Aprobar definitivamente os expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos afectos ao proxecto de expropiación por taxación dos terreos afectos ao proxecto de urbanización da rede arterial, novo acceso sur N- 550 para desdobramento da avenida de Vigo, documento refundido datado en outubro de 2013, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Santiago López Fontán, que contén a valoración do solo expropiado e inclúe as follas de xusto prezo individualizadas, supervisadas e conformadas pola arquitecta municipal da Oficina Técnica de Arquitectura, no que se introducen as modificacións nas superficies de afección, subsecuentes á constatación derivada do proceso de información pública de que parte dos terreos correspondentes aos predios nº 15, 16, 17, 18, 19 e 20 xa foran obxecto de expropiación municipal nos anos 1977, para a construción da estación de autobuses.

A presente expropiación ten por finalidade proceder, en desenvolvemento do PXOU vixente, á execución do proxecto de urbanización da referida vía, aprobado definitivamente por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión do 11.3.2013, e dar cumprimento aos compromisos adquiridos no convenio de colaboración co Ministerio de Fomento para a racionalización e a mellora da rede de estradas do Estado no municipio de Pontevedra, asinado o 24.4.2009 e modificado pola addenda asinada o 23.11.2012.

Afecta unha superficie total de 17.281 m2, abrangue 23 predios de propiedade particular pertencentes a diversos propietarios e inclúe unha ocupación temporal por necesidade da obra doutros 1.021 m2, que será revertida ao final da obra aos seus lexítimos propietarios. Dentro destas superficies inclúese o dominio público afecto a camiños e vías existentes, así como bens e dereitos afectos a patrimonio municipal de solo, ou propiedade doutras administracións públicas (estación de autobuses-Dirección Xeral de Mobilidade), así como as parcelas obtidas por avinza polo Concello de Pontevedra.

A relación de propietarios e fraccións de propiedade obxecto de expropiación, de acordo co proxecto expropiatorio redactado por Santiago López Fontán, documento refundido datado en outubro de 2013, excluídos os predios nº 1, 2, 3, 5, 6, 8, 10 A e 10 C, 11, 12, 13, 14 e 21, xa adquiridos por avinza (...)».

Extráctase a seguir a relación de propietarios:

Predio

Titularidade

4 (porción)

– Promociones Arga, S.L.

– Agapito Manuel Poceiro Graña

– Comunidade hereditaria de Rafael Areses Pérez integrada por María del Carmen, Mª Luisa Francisca, Mª José, Mª de Lourdes, Juan Crisóstomo María, Mª de los Ángeles Ramona, Ramón Carlos Fernando, María de las Mercedes del Perpetuo Socorro e Jacobo María Areses Trapote

– Comunidade hereditaria de Rosario Areses Pérez, integrada por María de Lourdes, Jacobo e María de las Mercedes del Perpetuo Socorro Areses Trapote

7 (porción)

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes Restruc. Ban. Sareb

9 (porción)

Araceli Dios Torres

15 (porción)

Gonzalo García Alonso

José Luis García Alonso

Eloy García Alonso

Rafael García Alonso

16 (porción)

María Pilar García Alonso

17

Cándido Garrido Dios

18

Alfonso Guillán Casas

23 ocupación temporal

Promocasa Uno, S.L.

10 B

Descoñecida. En investigación, art. 47 Lei 33/2003-Ministerio Fiscal

19

Descoñecida. En investigación, art. 47 Lei 33/2003-Ministerio Fiscal

20

Descoñecida. En investigación, art. 47 Lei 33/2003-Ministerio Fiscal

«(...) Terceiro. Notificar o contido desta resolución aprobatoria do proxecto, de xeito individualizado en función do predio expropiado, a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, ao cal se lle xuntará a folla de prezo xusto definitivamente aprobada, conferíndolle un prazo de vinte días (20) durante o que poderán manifestar por escrito ante este concello a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, con advertencia de que, transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixa neste acto e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade. Os erros non denunciados e xustificados no devandito prazo non darán lugar á nulidade ou reposición das actuacións sen prexuízo do dereito á indemnización que corresponda.

Notifíquese tamén o presente acordo ao Ministerio Fiscal, por mor da existencia de tres predios de titularidade descoñecida (nº 10 b, nº 19 e nº 20) con comunicación deste acto administrativo á Delegación do Ministerio de Economía e Facenda ou órgano que o substitúa, á Xerencia Territorial do Catastro, ao Ministerio de Fomento á Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á Unidade de Recadación da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, á AEAT, a NCG División Grupo Inmobiliario, S.L., a Promociones Gulycen, S.L., e a Josefina Lustre Riveiro (herdeiros de María Patrocinio Riveiro Loureiro) e aos herdeiros de José Dios de Saa, como posibles interesados respecto dos predios nº 19 e 20.

Cuarto. Advírtese que a aprobación definitiva do presente expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, que o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario o seu importe, na forma determinada pola lexislación básica do Estado. De manifestarse por escrito a desconformidade daráselle traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para efectos de fixar o prezo xusto de xeito definitivo.

Quinto. Determinar expresamente, que a adopción do presente acordo terá efectos autorizantes dos parcelamentos e segregacións subsecuentes a aqueles supostos en que se adquira por expropiación só unha parte do predio.

Sexto. Dispor a publicación deste acordo, que pon fin á vía administrativa, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, na páxina web http://www.pontevedra.eu e no taboleiro de editos do Concello, con ofrecemento do réxime de recursos procedentes contra el, podéndose interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción conferida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes de acordo co establecido no artigo 117.2 da amentada Lei 30/1992, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 43.2 do mesmo corpo legal, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998. Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente consonte o dereito (...)».

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

Pontevedra, 23 de outubro de 2013

Miguel Anxo Fernández Lores   Raimundo González Carballo
     Alcalde Concelleiro secretario da Xunta
de Goberno Local