Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/57-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín Betancour nº 25-4ª planta, 28003 Madrid.

Denominación: CS, LMT e CT para depósito Montealegre.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento composto por cela modular de entrada e saída de liña de 24 kV, cela modular de proteción xeral de 24 kV e cela modular de medida de enerxía de 24 kV.

– LMT subterránea a 20 kV de 248 m con condutor RHZ1 2OL12720 kV 3×(1×150 mm2) que discorre entre o centro de seccionamento e o CT proxectado de 1.600 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 68.633,67 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Curros Enríquez, 1-4º) no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 16 de outubro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial