Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica a Islas Montajes y Talleres, S.L. a Resolución do 18 de setembro de 2013, en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2013/14.

Intentada a práctica da notificación con Islas Montajes y Talleres, S.L., a través do servizo de Correos, non foi posible realizala, polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O órgano competente da Axencia Tributaria de Galicia notificaralle o lugar, forma e prazo do ingreso da cantidade que debe reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado un recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a data de notificación da presente resolución, ante a Axencia Galega de Innovación para a súa resolución pola Presidencia, de conformidade co exposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e no Decreto 50/2012, de 12 xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación.

Persoa xurídica: Islas Montajes y Talleres, S.L.

CIF: B36634624.

Último enderezo coñecido: pol. ind. estrada Valadares PO-330 km 8, A Pasaxe, 36316 Vincios (Pontevedra).

Data da resolución: 18 de setembro de 2013.

Asunto: expediente CEI-SX-2013/14. Resolución pola que se acorda a finalización do expediente de reintegro por importe de 52.125,00 € e a revogación da subvención que lle foi concedida ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria