Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/59-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín de Betancour, 25, 4ª planta, 28003 Madrid.

Denominación: LMT e CT depósito Caracochas.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

– PAS: van destensado desde o apoio nº 28-24 da LMT aérea existente dobre circuíto VLL805 e VLL804 propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A. con autoseccionadores e autoválvulas no apoio de formigón proxectado.

– LMT subterránea de 520 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL12/20 KV 3×(1×95 mm2), que discorre entre o PAS anterior e o CT proxectado aéreo sobre poste de formigón de 25 kVA e R/T 20.000/420-230 V.

Orzamento: 48.501,43 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Curros Enríquez, 1-4º) no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 15 de outubro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial