De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
O denunciado poderá presentar nun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta incoación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sito na r/ Oliva, nº 3, 2ª planta, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Vigo, 8 de outubro de 2013
José Antonio Fernández Bouzas
Director-conservador
ANEXO
Expediente |
Interesado |
PN-PO-2013/15-NAV |
Marcibel Lugo, S.L. |
PN-PO-2013/07-NAV |
Astilleros y Construcciones La Lagoa |