Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42489

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de información pública sobre reforma de almacén para corte de gando vacún de carne e construción de fosa de zurro en Torallo (Agüeira).

Javier Montosa Gutiérrez solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de reforma de almacén para corte de gando vacún de carne e contrución de fosa de zurro en Torallo, na parroquia de Agüeira do municipio de Becerreá. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas

Becerreá, 7 de outubro de 2013

Manuel Martínez Núñez
Alcalde