Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42490

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública sobre balsa de xurro na Graña (Cornanda).

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por instancia de María del Carmen Alfonsín Roo para a concesión de licenza de obra para construír unha balsa de xurro no lugar da Graña, Cornanda.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que considere convenientes.

Brión, 24 de setembro de 2013

José Luis García García
Alcalde