Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO polo que se convoca procedemento aberto para adxudicar a concesión administrativa da xestión do Centro de Día.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Cañiza (Pontevedra).

b) Obtención de documentación e información:

– Dependencia: Secretaría Xeral.

– Domicilio: rúa Oriente, 11.

– Localidade e código postal: A Cañiza, 36880.

– Enderezo da internet do perfil do contratante: www.caniza.org

– Teléfono: 986 65 10 00/1.

c) Número de expediente: C/08/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión administrativa-xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión do Centro de Día.

c) Prazo de execución/entrega: vinte (20) anos prorrogables anualmente ata un máximo de vinte e cinco (25) anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: seis mil euros (6.000 €).

5. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinte días (20) días naturais contados desde a última publicación no DOG, BOP ou perfil do contratante.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello da Cañiza; rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

c) Formalidades: cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Lugar: sala de xuntas do Concello da Cañiza; rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

c) Data e hora: dentro dos dez (10) días hábiles seguintes ao último para a presentación de ofertas, logo de notificación e/ou publicación electrónica aos licitadores.

7. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario ata un importe máximo de dous mil euros (2.000 €).

A Cañiza, 18 de outubro de 2013

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde