Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42493

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muíños

ANUNCIO de información pública sobre adxudicación da subministración de mobiliario con destino a residencia da terceira idade e centro de día no concello de Muíños.

Por acordo da Xunta de Goberno local con data do 23 de setembro de 2013, adxudicouse o contrato de subministración de mobiliario con destino á residencia da 3ª idade e centro de día do Concello de Muíños. Publícase isto para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Muíños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 2013/19.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.depourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de mobiliario con destino á residencia da 3ª idade e centro de día do concello de Muíños.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 39100000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato e financiamento:

a) Valor estimado do contrato: 180.000,00 euros.

b) Financiamento:

– Comunidade autónoma: programa de desenvolvemento rural sustentable. Consellería de Traballo e Benestar: 90.000,00 euros.

– Outros: programa de desenvolvemento rural sustentable. Goberno de España: 90.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

– Importe neto: 150.439,79 euros.

– Importe total: 180.000 euros.

6. Adxudicación do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de setembro de 2013.

b) Adxudicataria: Ekipo, S.C.G.

c) Importe de adxudicación: 150.606,28 € (IVE e demais tributos engadidos).

7. Formalización do contrato: o contrato formalizarase no prazo máximo de 5 días a contados desde a publicación da adxudicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Muíños,17 de outubro de 2013

Plácido Álvarez Dobaño
Alcalde