Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre apertura de parque de almacenamento de gasóleos na Rabilonga (Noche).

Serviferedo, S.L., con NIF B27254218, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun parque de almacenamento de gasóleos na Rabilonga (Noche) (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 8 de outubro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde