Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42488

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de información pública sobre construción de fosa de zurro en Torallo (Agüeira).

Carmen González Chao solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de construción de fosa de zurro en Torallo, na parroquia de Agüeira do municipio de Becerreá. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Becerreá, 7 de outubro de 2013

Manuel Martínez Núñez
Alcalde