Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (802/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 802/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Costoya López contra a empresa Iglesias Mira, S.A., sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Alfonso Costoya López, contra Iglesias Mira, S.A., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 3.504,20 euros en concepto de mellora voluntaria de prestacións de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3 c) da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Iglesias Mira, S.A., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

A secretaria xudicial