Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (70/2013).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 70/2013, por instancia de Manuel José Martínez Fernández, contra o executado Francisco Leis Pais (empresa coñecida como Alberge Santo Santiago), sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 7 de outubro de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 9.000 euros de principal, máis 900 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

A secretaria xudicial