Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 14 de outubro de 2013 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento sancionador taxa láctea STL-09/2012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a corrección de erros da resolución do procedemento sancionador taxa láctea STL-09/2012.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia poderá a interesada interpor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, dependente da Consellería de Facenda, dirixindo o escrito da súa interposición á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria; ou, potestativamente e ante esta dirección, recurso de reposición, e non poden interpoñerse simultaneamente recurso de reposición e reclamación económico-administrativa.

Se contra a presente resolución se presenta en tempo e forma recurso de reposición ou reclamación económico-administrativa, a execución da sanción quedará automaticamente suspendida en período voluntario sen necesidade de que a interesada o solicite e sen necesidade de achegar garantías ata que sexa firme en vía administrativa, e non se exixirán xuros de demora polo tempo que transcorra ata a finalización do prazo de pagamento en período voluntario aberto pola notificación da resolución que poña fin á vía administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: STL-09/2012.

Interesada: Xertigán, S.C.G.

Acto de notificación: corrección de erros da resolución de procedemento sancionador taxa láctea.

Último enderezo coñecido: Momán, Xermade, 27826 Lugo.