Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S. A.

ANUNCIO de información pública sobre notificación de resolución de contrato de obras de movemento de terras, obras de fábrica e reposición de muros na ZCP de Quins (Melón-Ourense).

Non sendo posible realizar a notificación, no domicilio que o destinatario indicara e noutros, da resolución do contrato de obras de movemento de terras, obras de fábrica e reposición de muros movemento de terras, obras de fábrica e reposición de muros na ZCP de Quins (Melón-Ourense), á empresa adxudicataria Acibeiro, S.L.U., procédese á publicación desta, en conformidade coa instrución reguladora dos procedementos para contratación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) con data do 15 de xullo de 2008 e publicada na web da empresa (www.epseaga.com), e no seu defecto polo texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado en Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro

ACORDO:

Primero. Resolver o contrato de obras de movemento de terras, obras de fábrica e reposición de muros na ZCP de Quins (Melón-Ourense), coa empresa Acibeiro, S.L.U., por incumprimento de obrigas esenciais do contrato.

Segundo. Proceder á incautación da garantía definitiva consignada no seu día pola mercantil adxudicataria por unha contía de 10.041,79 euros.

O expediente desta resolución encóntrase no arquivo do departamento de contratación de Seaga.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.