Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 14 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican resolucións ditadas en recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente T-2006/0337 e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NCGBanco S.A. (Novacaixagalicia).

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria

E de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Feito sancionado

Datos da denuncia: data, hora, estrada, p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

OU-01400-O-2005

T-2006/0337

AL-1170-AD

Garda Civil de Tráfico

Olifrén, S.L.

Levar inserida unha folla de rexistro sen ter anotado o nome e apelido do condutor.

31.5.2005; 9.15; A-52; 193

Artigo 140.22 da LOTT

3.301 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-03444-S-2008

RA/M/2010/00514

96-AB-04

Policía Municipal

Direckt Truck Transportes Mercadorías, L.D.A.

Realizar transporte nacional de mercadorías en vehículo pesado carecendo de autorización de transportes.

15.10.2008; 9.45

Artigo 140.1.9 da LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-00489-O-2009

RA/M/2010/00580

8490-BZX

Garda Civil de Tráfico

Cosatrans, S.L.

Non posuír a documentación na cal se deben materializar os contratos de transporte de mercadorías subscritos con transportistas ou operadores; non pasar a revisión periódica do tacógrafo; realizar transporte público de mercadorías en vehículo pesado carecendo de autorización.

21.1.2009; 17.00, A-52, 278

Artigo 141.19, 141.5 e 140.1.9 da LOTT

7.103 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-01500-O-2008

RA/M/2011/00301

4625-FRK

Garda Civil de Tráfico

T.G. Nord Cargo, S.L.

Non levar os documentos de transporte ou acompañamento ou non indicar neles a mercadoría perigosa transportada; non levar paneis, placas ou etiquetas de perigo ou calquera sinalización.

11.9.2008; 10.30; A-52; 282

Artigo 140.25.4 e 140.25.6 da LOTT

4.002 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-00429-O-2009

RA/M/2011/00353

LU-1531-X

Garda Civil de Tráfico

Conganort, S.L.

Non levar follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios.

23.1.2009; 1.10; AG-64; 36

Artigo 140.24 da LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00354-O-2009

RA/M/2011/00407

8994-FPS

Garda Civil de Tráfico

Transporte Madín, S.L.

Non levar follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios.

13.12.2008; 10.54; A-8; 520

Artigo 140.24 da LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-00174-I-2010

RA/M/2011/00838

0920-DJH

Axente de Inspección

Construcciones Boalva, S.L.

Exceso de peso do 26,53 % con respecto á autorización que posúe o vehículo.

11.2.2010; 11.30; N-120; avenida Ribeira Sacra, s/n

Artigo 140.19 da LOTT

3.951 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-01186-O-2009

RA/M/2011/00875

2627-FZS

Garda Civil de Tráfico

Gexma Galaica, S.L.

Realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos pesados de servizos que non cumpren algunhas das condicións.

12.5.2009; 8.40; A-52; 202

Artigo 140.1.6 da LOTT

4.600 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

OU-00006-O-2009

RA/M/2011/00960

4664-CMW/R-0004-BBL

Garda Civil de Tráfico

Obbe Trans Frío, S.L.

Non posuír o certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

29.10.2008; 13.55; A-52, 218

Artigo 140.26.2 da LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00881-O-2010

RA/M/2011/01016

LU-5809-W

Garda Civil de Tráfico

R. Otsemra, S.L.

Realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos pesados de servizos que non cumpren algunhas das condicións.

18.3.2010; 17.05; LU-232; 0,700

Artigo 140.1.9 da LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-01156-O-2010

RA/M/2011/01025

8369-CZT/R-1830-BBB

Garda Civil de Tráfico

Transportes Áridos y Hormigones de Pontevedra, S.L.

Non levar follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios.

3.5.2010; 20.30; DP-1914; 21

Artigo 140.24 da LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-00773-O-2012

RA/M/2012/00379

1584-FKM

Garda Civil de Tráfico

Marco, Obras y Proyectos de Arosa, S.L.

Exceso de peso do 32 % con respecto á autorización que posúe o vehículo.

3.3.2012; 18.23; N-640; 134,5

Artigo 140.19 da LOTT

4.341 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-00771-O-2012

RA/M/2012/00395

4757FST

Garda Civil de Tráfico

Marco, Obras y Proyectos de Arosa, S.L.

Exceso de peso do 22,61 % con respecto á autorización que posúe o vehículo.

3.3.2012; 18.20; PO-548; 17,2

Artigo 140.19 da LOTT

3.691 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-00030-O-2012

RA/M/2013/00013

5480-DKL/R-6825-BBC

Garda Civil de Tráfico

Hualmar-Trans, S.L.

Transporte de mercadorías tendo efectuada unha manipulación no aparello do tacógrafo.

27.11.2011; 10.15; N-552; 0,1

Artigo 140.10 da LOTT

4.601 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-00012-O-2012

RA/M/2013/00087

4836-DLW/R-6759-BCF

Garda Civil de Tráfico

Feliciano Otero Amoedo

Transporte de mercadorías sen levar inserida no tacógrafo a folla de rexistro durante a prestación do servizo.

11.11.2011; 8.30; AC-566; 13,7

Artigo 140.22 da LOTT

3.301 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-02160-O-2011

RA/M/2013/00113

6810-CCR/R-04047-P

Garda Civil de Tráfico

Feliciano Otero Amoedo

Circular unicamente co disco diagrama do día da denuncia, carecer de certificado de actividades e posuír tarxeta de conducir sen períodos de condución dentro do período exixible.

25.6.2011; 8.50; AP-9F; 25,2

Artigo 140.24 da LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta