Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-111/13 e outro.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega, a resolución do expediente sancionador, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco, Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001, de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de outubro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-111/13.

DNI: 76715715-P.

Denunciada: Mª Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 750 €.

Número de expediente: OU-E-112/13.

DNI: 76715715-P.

Denunciada: Mª Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 900 €.