De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.
Lugo, 1 de outubro de 2013
José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2013/015.
Denunciado: Marius Alin Mihail.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Expediente: LU-RES 2013/081.
Denunciado: Abdelkarim El Omari.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Expediente: LU-RES 2013/135.
Denunciado: Ion Stefan.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.
Expediente: LU-RES 2013/145.
Denunciado: Corneliu Hortea.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.
Expediente: LU-RES 2013/146.
Denunciados: Elomari Abdelkarim e Cristian Matei.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.