David Pereira Guldrís solicita nesta alcaldía licenza municipal para instalar un taller de mecánica e electricidade do automóbil no enderezo rúa das Hedras, 29A, parque empresarial do Milladoiro.
Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008 (DOG do 12 de xuño), polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, así como no Diario Oficial de Galicia.
Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
Ames, 25 de setembro de 2013
Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde