Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación do contrato de servizos de desratización, desinsectación e desinfección deste concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello do Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Contratación.

c) Obtención de documentación e información: Secretaría/Contratación.

1) Dependencia: Secretaría/Contratación.

2) Domicilio: praza do Concello, número 2.

3) Localidade e código postal: O Barco de Valdeorras, 32300.

4) Teléfono: 988 32 02 02.

5) Telefax: 988 32 59 78.

6) Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellodobarco.org

8) Data límite de obtención de documentación e información: a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: S/3/2013/PA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: traballos de desratización, desinsectación e desinfección definidas no prego de prescricións técnicas, correspondentes á categoría 14 do anexo II do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: Concello do Barco de Valdeorras.

1) Domicilio: o sinalado no punto 1.

2) Localidade e código postal: o sinalado no punto 1.

e) Prazo de execución do servizo/entrega: dous anos.

f) Admisión de prórroga: posibilidade de prórroga ata dous anos.

g) CPV: 90921000-servizos de desinfección e exterminio.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Oferta económica (prezo): ata 7 puntos.

Memoria técnica explicativa: ata 5 puntos.

Melloras suxeitas a xuízo de valor: ata 0,6 puntos.

Mellora valorable automaticamente: ata 0,4 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 49.876 euros (calculado segundo o artigo 88.1 do Real decreto 3/2011, do 14 de novembro).

5. Orzamento base de licitación.

Prezo máximo de licitación: o prezo máximo de licitación por cada ano de servizo será de 12.469 euros máis 1.771,49 euros correspondentes ao IVE.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva (5 % do importe de adxudicación, IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no DOG ou no perfil de contratante do órgano de contratación.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Concello do Barco de Valdeorras.

2) Domicilio: o do punto 1.

3) Localidade e código postal: o do punto 1.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: o do punto 1.

b) Localidade e código postal: a do punto 1.

c) Data e hora: no prazo máximo dun mes desde o remate do prazo de presentación de ofertas anunciarase no perfil do contratante do concello.

10. Gastos de publicidade: son por conta do contratista adxudicatario ata 1.000 euros.

11. Forma e medio de consultar o prego administrativo e técnico: a través do perfil de contratante do concello na páxina www.concellodobarco.org

O Barco de Valdeorras, 4 de outubro de 2013

Alfredo García Rodríguez
Alcalde