Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e urxente do servizo de cafetaría-comedor do Hospital Clínico Universitario, Hospital Gil Casares, Hospital Médico-Cirúrxico e Hospital Psiquiátrico de Conxo (AB-EIS1-13-065).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: A Choupana, s/n.

3) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 981 95 02 60.

5) Telefax: 981 95 09 85.

6) Correo electrónico: angeles.alonso.garcia@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-13-065.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: servizo de cafetaría-comedor do Hospital Clínico Universitario, Hospital Gil Casares, Hospital Médico-Cirúrxico e Hospital Psiquiátrico de Conxo, pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: dous lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución: dez anos, computados desde a data da súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Valor estimado do contrato.

Lote 1: 2.103.340,91 €.

Lote 2: 279.204,54 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1. Importe neto: 1.402.227,27 €. Importe total: 1.542.450,00 €.

Lote 2. Importe neto: 186.136,36 €. Importe total: 204.750,00 €.

A empresa deberá ofertar un canon anual non inferior a:

Lote 1: 3.600 €.

Lote 2: 2.400 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: si, ver pregos.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso:

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oitavo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

2) Enderezo: A Choupana, s/n.

3) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4) Enderezo electrónico: angeles.alonso.garcia@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: ver pregos.

11. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela