1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 27 87.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-CON1-13-021.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: enquisa SIX 2014.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de abril de 2014.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 79320000-3.
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
Ponderación |
Criterios non valorables automaticamente (sobre B) |
0-10 puntos |
30 % |
Memoria técnica (oferta técnica) |
0-10 |
30 % |
Criterios valorables automaticamente (sobre C) |
0-10 puntos |
70 % |
Oferta económica. |
0-10 |
70 % |
4. Valor estimado do contrato: 38.000 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 38.000 euros. Importe total: 45.980 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatario/s.
11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos