Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42236

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre recubrimentos de perfís de aluminio mediante madeira.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Recubrimientos Atalaya, S.L.

Actividade: recubrimentos de perfís de aluminio mediante madeira.

Localización: N-532, p.q. 3.7, nave 1-2, área de transporte (Verín).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo do concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O expediente está ao dispor do público no Servizo de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

Verín, 7 de outubro de 2013

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde