Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de emprazamento nos procedementos ordinarios 0004557/2013 e 0004544/2013 contra a aprobación do expediente 2012009669 de planeamento urbanístico.

Por medio deste anuncio, e en virtude do que dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázase a todos os interesados para que no prazo de nove días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, comparezan en autos, se iso for do seu interese, mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, nos procedementos ordinarios 0004557/2013 e 0004544/2013 que se tramitan na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interpostos por Xardín das Burgas, S.A. e Luis Soto Rebollo e Adolfo Pereira Marimón, respectivamente, contra o Acordo plenario do 7 de xuño de 2013 polo que se aproba definitivamente o estudo de detalle da área de intervención AI 10 do Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do PXOU do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

Ourense, 4 de outubro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente