Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre instalación de desmantelamento e chatarraría no polígono industrial.

Jesús Maseda Arias, con DNI 33553094G, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dunha instalación de desmantelamento e chatarraría no polígono industrial, parcela 21 (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 4 de outubro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde