Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito SUD-7.

Logo de aprobar inicialmente, por Acordo do Pleno da Corporación do 18 de setembro de 2013, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello, no ámbito de solo denominado SUD-7 (Dotacional Privado Ribadulla), na parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, neste termo municipal, de conformidade cos artigos 85 e 93 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán en dous xornais da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 26 de setembro de 2013

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde