Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42119

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Goberno de La Rioja – Consellería de Obras Públicas, Política Local e Territorial

ANUNCIO de notificación de inicio de expediente sancionador 18/2013.

Para que sirva de notificación a Diego Ezquerro González, ao non ter sido esta posible tras intentarse no último domicilio coñecido en Narón, A Coruña, estrada de Castela, 761, 4º, porta B, e de conformidade co estipulado nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que con data do 20 de agosto de 2013 se iniciou o procedemento sancionador que se detalla a seguir, por posible infracción administrativa en materia de estradas, para o que queda nomeada instrutora do procedemento sancionador Carmen Gallo Olmedo.

Expediente sancionador número 18/2013.

Presunto infractor: Diego Ezquerro González.

Feitos imputados: colocación de cerramento de terreo non legalizable en zona de dominio público da estrada LR-115, sen previa autorización do órgano titular da estrada.

Infracción: grave, prevista no artigo 27.3.a) da Lei 2/1991, do 7 de marzo, de estradas da Comunidade Autónoma de La Rioja.

Sanción: de 601,02 a 6.010,12 euros.

Obriga accesoria: retirar o cerramento.

Outórgase ao interesado un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, para que formule cantas alegacións xulgue conveniente e propoña os medios de proba que considere necesarios. En caso de non se efectuar alegacións dentro do prazo indicado a iniciación do procedemento sancionador será considerada proposta de resolución e cursarase ao órgano competente para ditar resolución, conforme establece o artigo 62.1 da Lei 4/2005, do 1 de xuño, de funcionamento e réxime xurídico da Administración da Comunidade Autónoma de La Rioja.

O acordo de inicio de procedemento sancionador encóntrase á disposición do interesado na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, rúa Marqués de Murrieta, 76, Logroño (La Rioja), onde poderá tamén consultar e obter copia do resto dos documentos contidos no expediente.

Logroño, 7 de outubro de 2013

José Miguel Mateo Valerio
Xefe do Servizo de Estradas