Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42121

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a contratación dun seguro médico de asistencia sanitaria para o persoal da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (NC 0015/2013).

Contratación dun seguro médico colectivo de asistencia sanitaria para o persoal da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (NC 0015/2013).

Data límite para a presentación das ofertas: 8 de novembro de 2013, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 19 de novembro 2013, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de Contratación Pública de Galicia www.contratosdegalicia.es

– www.sogama.es, epígrafe de Perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Telf.: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 18 de outubro de 2013

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.