Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 909/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 909/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Moisés Arguello contra a empresa Casona Coruña, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que, estimando a demanda formulada por Carlos Moisés Arguello contra a empresa Casona Coruña, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 961,68 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos. Todo iso coa obriga do Fogasa de pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, que está a celebrar audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal a forma a Casona Coruña, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de outubro de 2013

O secretario xudicial