Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42054

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2364/2011-PM).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2364/2011 desta sección, seguido por instancia de Ges Seguros e Reaseguros, S.A. contra a empresa Caser, S.A. e Pizarras La Tranquila, S.A., sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que rexeitamos o recurso de suplicación formulado por Seguros Ges y Reaseguros, S.A. contra a sentenza ditada o 10.2.2011 polo Xulgado do Social número 2 de Ourense en autos nº 965/2010, sobre indemnización de convenio, seguidos por instancia de María Fernández Fernández contra a recorrente e contra Pizarras La Tranquila, S.A. e Caser Seguros, resolución que se mantén na súa integridade.

En canto ao depósito, ao aseguramento e ás custas, aterse ao razoado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para a súa constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Pizarras La Tranquila, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial