Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de outubro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 147/2013 no expediente de reposición da legalidade IU1/37/2011, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 147/2013, interposto por Alberto Pose Parente, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade núm. IU1/37/2011, pola que se declara ilegalizables as obras consistentes na división dun terreo en seis porcións e a posterior edificación de tres vivendas, unha edificación auxiliar, unha piscina e un invernadoiro, no lugar de Faxón, O Seixal, parroquia de Bembibre, concello de Val do Dubra, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázanse a José Antonio Parcero Casas, Fátima Remuíñan París, David Souto Álvarez e Encarnación Parcero Cancela para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística