Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 14 de outubro de 2013 polo que se notifica a resolución recaída na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declaran desistidos na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia os/as interesados/as que se indican no anexo.

Logo de tentar a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos/as interesados/as para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «descoñecido/a».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalles aos/ás interesados/as que se indican no anexo a resolución antes referida.

Os/as interesados/as poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que os/as interesados/as comparezan, un recurso de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 14 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Alejandro López Estévez.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: David Ortega Fernández.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.