Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de outubro de 2013, da Área Provincial de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da Inspección, a Área Provincial de Ourense comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Ourense da Axencia Turismo de Galicia.

Ourense, 10 de outubro de 2013

Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café-Bar Amber.

Titular: Paz y Carlos, S.C.

Enderezo: rúa Francisco Asorey, nº 5.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Ipanema.

Titular: María Fátima Borges Caetano.

Enderezo: rúa Jesús Soria, nº 20.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Trisquel.

Titular: Puzo da Xila, S.L.

Enderezo: rúa Pura e Dora Vázquez, nº 2.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Mirador.

Titular: Mª Flor Prado González.

Enderezo: rúa Salvador de Madariaga, nº 8.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Tapería do Pancho.

Titular: JMC, S.C.

Enderezo: rúa Greco, nº 4.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Tapas y Mas.

Titular: Antonio Robleda Cortés.

Enderezo: rúa Vila Real, nº 3.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Milucho.

Titular: Amparo Yáñez Pérez.

Enderezo: avenida de Santiago, nº 25.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Siareiro.

Titular: Manuel Outomuro Casas.

Enderezo: rúa Viriato, nº 4.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café-Bar Gabria.

Titular: Gabria, S.C.

Enderezo: Arnuide.

Concello: Vilar de Barrio.

Establecemento: Café-Bar Pidreira.

Titular: Julia Dacuña Novoa.

Enderezo: Arnuide.

Concello: Vilar de Barrio.

Establecemento: Café-Bar Dos Hermanas.

Titular: Orlando y Asunción, S.C.

Enderezo: rúa San Antón, nº 1.

Concello: Verín.

Establecemento: Café-Bar O Recuncho.

Titular: Carmen Vázquez Rodríguez.

Enderezo: rúa Principal, nº 1, Reboredo.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Establecemento: Café-Bar O Canizo

Titular: Mª Elsita Prieto Varela.

Enderezo: rúa Cruceiro, nº 27.

Concello: San Amaro.

Establecemento: Axencia de Viaxes Crisol.

Titular: Viajes Crisol, S.A.

Enderezo: rúa Capitán Eloy, nº 4.

Concello: Ourense.