Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2013 pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación do módulo de información tributaria de Galicia para a súa incorporación no Sistema de información analítica (SIAN) cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2013-038.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación do módulo de información tributaria de Galicia para a súa incorporación no Sistema de información analítica (SIAN) cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 13.8.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 178.500,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 178.500,00 euros.

b) Importe total: 215.985,00 euros.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, en un 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, apartados 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 2.10.2013

c) Contratista: Altia Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 136.314,24 euros. Importe total: 164.940,24 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable